Hoteis
O tempo en Compostela
Como chegar a Santiago de Compostela
A sede do congreso é a Facultade de Ciencias da Educación. Atópase no Campus Vida, na Rúa Vicente Fráiz Andón.
En avión
O aeroporto de Santiago de Compostela (SCQ) conta con conexións nacionais e internacionais.
En tren
Solicitouse de novo un desconto do 30% na tarifa do billete para todos/as aqueles/as congresistas que se vaian a desplazar en tren á cidade de Santiago de Compostela para asistir ao Congreso.
Para que os/as asistentes (matrícula formalizada) poidan facer uso do descuento á hora de comprar os seus billetes a través de www.renfe.com deben poñerse en contacto na dirección de correo electrónico xviicongreso.pedagogia@usc.es para acceder ao número de autorización.
En coche
Aquelas e aqueles que opten polo coche como medio de chegada a Santiago encontrarán lugar para o estacionamento sen maior problema.
Unha vez en Santiago, como chegar á sede do Congreso
A pé
Santiago de Compostela é unha cidade pequena e camiñando poderemos cruzar dun extremo a outro en pouco tempo. Se tomamos como referencia a Praza do Obradoiro, onde se atopa a Catedral e punto neurálxico da zona histórica, chegar á sede do congreso tomaranos 15 minutos a paso tranquilo.
En autobús urbano
A liña 15 é a que ten parada nun dos laterais da Facultade de Ciencias da Educación, sede do congreso.
Recomendámoslles que instalen no seu smartphone a aplicación +Bus, coa que poderán calcular rutas, ver tempos de agarda e consultar máis información.
+Bus para Android
+Bus para iOS
En coche
A Facultade está rodeada de zonas onde é posible aparcar. De todos modos, e debido á afluencia de xente que asistirá ao evento, recomendamos chegar á sede por calquera outro medio.
Universidade de Santiago de Compostela
A Universidade de Santiago de Compostela, con cincocentos anos de historia, abarca ás cinco ramas do saber: ciencias da saúde, ciencias experimentais, ciencias sociais e xurídicas, ensinanzas técnicas e humanidades. Destaca a calidade nos servizos, na investigación e na docencia. É unha universidade aberta e comprometida; con actividades culturais; co coñecemento ó servizo da sociedade; con servizos e instalacións universitarias. É unha Universidade emprendedora, de calidade e de prestixio.