INFORMACIÓN XERAL
O envío de propostas de simposios, comunicacións e pósteres finaliza o 15 de enero de 2021 ás 23:59 (hora de España peninsular).
Poderanse enviar propostas para presentación de SIMPOSIOS, COMUNICACIÓNS e PÓSTERES mediante o envío de resumos unicamente a través da plataforma electrónica https://easychair.org/conferences/?conf=xviicongresopedagoga
No caso das propostas dirixidas á WERA Focal Meeting o envío realizarase exclusivamente a través da web da WERA2021, seguindo as instrucións correspondentes: https://wera-compostela.com/submission.html
As propostas poden redactarse en castelán, galego, portugués ou inglés e serán avaliadas polos/as membros do Comité Científico.
Como máximo, cada proposta poderá ser asinada por tres autores/as.
Como máximo, cada autor/a poderá figurar en dúas propostas.
Ao menos un dos autores/as debe estar inscrito no congreso.
Os resumos de Simpósios/Comunicacións/Pósteres aceptados serán publicados nun libro de resumos en formato electrónico.
O Comité Científico tamén propoñerá aqueles traballos que serán avaliados para a súa posible publicación en Revistas de impacto. As Revistas xa confirmadas son:
No caso de aquelas propostas recomendadas polo Comité Científico para a súa avaliación por parte dalgunha das revistas mencionadas, o Comité Organizados comunicará ao autor/es tal posibilidade.
Unha vez o autor/es comunique ao Comité Organizador a súa conformidade ao respecto, a organización do congreso enviará a proposta á revista. O cal implicará que o traballo completo de este segundo Call for Papers (1 de xullo - 15 de enero de 2021) xa non poderá ser incluído no libro de actas.
IMPORTANTE: Tan só os/as congresistas inscritos/as terán dereito a recibir a documentación e os certificados.
A PROPOSTA DE COMUNICACIÓN TERÁ QUE ADAPTARSE AOS SEGUINTES CRITERIOS:
AVISO IMPORTANTE
Recordamos que...
-
As propostas xa aceptadas no ano 2020 non deben volver a enviarse a través da plataforma (encontranse en proceso de maquetación).
-
Cada autor/a pode figurar nun máximo de dúas propostas (incluindo convocatorias 2020 e 2021).