PROGRAMA SOCIOCULTURAL
Dentro do Programa Sociocultural do Congreso está prevista a realización de distintas actividades que iremos actualizando.
Actividade 1. Etapa Camiño de Santiago
ETAPA 1. CORCUBIÓN-FISTERRA. Sábado 10 de xullo de 2021
Distancia: 14,2 km
Dificultade: Alta
Duración: 3 horas
Nº de persoas: 50
Programa: 08:00 h. Saída en autobús desde Santiago de Compostela
09:15 h. Chegada a Corcubión
09:45 h. Inicio da ruta a pé
12:45 h. Chegada ao Faro de Fisterra
13:30 h. Almorzo
16:00 h. Regreso a Santiago de Compostela
17:15 h. Chegada a Santiago de Compostela
Actividade 2. Etapa Camino de Santiago
ETAPA 2. MONTE DO GOZO-SANTIAGO DE COMPOSTELA (CATEDRAL). Domingo 11 de julio de 2021
Distancia: 4,1 km
Dificultade: Baixa
Duración: 1 hora
Nº de persoas: 50
Programa: 09:00 h. Saída en autobús desde Santiago de Compostela
09:20 h. Chegada ao Monte do Gozo. Explicación histórica da ruta e curiosidades (guía especializado)
10:00 h. Inicio da ruta a pé
11:15 h. Chegada á Catedral de Santiago de Compostela
12:00 h. Misa do Peregrino na Catedral de Santiago de Compostela
Para participar en ambas actividades, o procedemento é o seguinte:
Inscrición:
-
Custo da actividade para os/as congresistas: 10€
-
Terán preferencia na inscrición aqueles/as que realicen ambas etapas
-
Xerarase unha lista de agarda por estrito orde de inscrición
-
O pago realizarase no Congreso
Requisitos para os/as participantes:
-
En canto ao nivel físico dos/as participantes e as características da etapa deben ser conscientes de soportar unha camiñata de 3 horas, nun día no que previsiblemente fará calor, a pesar de que remata a etapa sobre as 12:45 h.
¿Que deben levar os/as participantes?
-
Mochila anatómica, tamaño pequeno/mediano.
-
Calzado cómodo. Poden ser zapatillas de deporte ou botas de trekking. É importante que o calzado non sexa novo, senón que xa estea amoldado ao pé despois do seu uso en reiteradas ocasións.
-
Camiseta transpirable, pantalón corto ou longo (a elección), calcetíns medio/altos e gorro/a.
-
Na mochila pode engadirse: gafas de sol, crema solar, unha chaqueta, unha toalla pequena, bañador, agua e algo de comer/picar (barrita enerxética, froitos secos ou similar).
-
Pódese prever levar unha muda de reposto, que pode quedar no autobús e facer uso dela ao acabar a etapa, pois o autobús estará esperando en Fisterra.
Información adicional:
-
Acompañarán ao grupo 4/5 monitores. Ao comezo e ao final da ruta, contaremos cun guía que proporcionará información histórica sobre a ruta, os lugares por onde discorre, anécdotas, etc.
-
Os monitores levarán un botiquín de primeiros auxilios.
Actividade 3. Actividade solidaria
A organización do XVII Congreso Nacional y IX Iberoamericano de Pedagogía e a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia chegan a un acordo para promover a doazón de sangue durante a celebración deste encontro. Instalarase un autobús nas inmediacións para facilitar aos congresistas realizar este acto solidario (pendente de nova data).