Miguel A. Escotet

Miguel Ángel Escotet é profesor de universidade especializado na investigación social e psicolóxica, política universitaria, deseño e avaliación de programas, desenvolvemento da educación internacional e comparada, filosofía da educación e psicoloxía transcultural. É Doutor pola Universidade de Nebraska (EE. UU.). 

 

Entre outras posicións relevantes na súa extensa carreira profesional, foi Decano da Facultade de Educación da Universidade de Texas (EE. UU.) durante 8 anos, e Vicerreitor de Posgrao da Universidade de Deusto (España). Foi catedrático por 12 anos das universidades de Florida International University e FLC da Colorado University (EE. UU.). Previamente foi o secretario xeral da OEI desde 1983 a 1987, Presidente fundador e Vicerreitor académico da Universidade Nacional Aberta de Venezuela, a primeira universidade a distancia de Suramérica. Viceministro de Educación e Director Xeral de Planificación e Orzamento. Foi o Conselleiro Especial en Educación Superior do Director Xeral da UNESCO en Paris e colaborador do Informe Delors en relación coa área universitaria.


Detenta numerosos recoñecementos: Teaching Award (FIU and The State University System of Florida, 1997), Houston Endowment Chair in Education by University of Texas (2012) e Frost Professorship Award by Florida International University (2001), Medalla de Ouro da OEI (1987), Orde Andrés Belo en Primeira Clase de Venezuela (1985), doutoramento Honoris Causa polas Universidades de Palermo e Federal de Marañao (Brasil) e Profesor Honorario por varias universidades de América, Asia e Europa. 

Ademais, dirixe Ad- honorem a Cátedra da UNESCO en Historia e Futuro da Universidade na Universidade de Palermo (Arxentina) e é Profesor Emérito do Sistema da Universidade de Texas. Actualmente, é presidente de Afundación e IESIDE e DG de Responsabilidade Social Corporativa e Sustentabilidade de ABANCA en España.

É autor de múltiples libros, artigos e investigacións, entre os que destacan, Diseño Multivariado en Psicología y Educación, Aprender para el futuro, Cultural and Social Foundations of Education, Universidad y Devenir, La Actividad Científica en la Universidad, Teoría y Praxis de la Universidad a Distancia y el Cuestionario Investigativo de la Personalidad (CIP) publicado en 1965 en México, Colombia e Estados Unidos, con 15 edicións e máis dun millón de exemplares desde entón.